Día da ciencia en galego

dia-da-ciencia-en-galego.jpg

O día 4 de novembro de 2010 celebraremos o primeiro día da Ciencia en Galego dedicado a exaltar o papel da Ciencia e a da Tecnoloxía na creación e profundamento da Cultura Galega. A actividade realizarase en toda Galicia o mesmo día.

Convocan: APETEGA (Asociación do Profesorado de Tecnoloxía de Galicia); ENCIGA (Ensinantes de Ciencias de Galicia); AGAPEMA (Asociación Galega do profesorado de Educación Matemática); CENDL (Coordinadora dos Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística); IGACIENCIA (Institución Galega de Ciencia); SGAPEIO (Sociedade Galega para a Promoción da Estadística); UDC (Universidade da Coruña); ILG (Instituto da Lingua Galega); CIG (Confederación Intersindical Galega); STEG (Sindicato de Traballadoras e Traballadores de Galicia); NEG (Nova Escola Galega) e AS-PG (Asociación Socio-Pedagóxica Galega).

Este ano dedícase a Alfonso X, Ramón Aller e James Clerk Maxwell, personaxes nos que podemos ver reflexado o papel determinante dos coñecementos Científicos e Tecnolóxicos na cultura e evolución dos pobos.

Está dirixida a todos os centros de ensino infantil, primario e secundario, ciclos formativos e bacharelato. Proponse facer unha actividade común: construír ou poñer a voar papaventos en cada centro, carteis e exposicións diversas onde se poden incluir textos sobre Ramón Mª Aller, Alfonso X e Maxwell. Así como outras actividades que poidan xurdir en cada centro divulgando a Ciencia e a Tecnoloxía.
Máis información sobre a actividade na web: http://www.cienciaengalego.org/

(…)

Más información, en Tecnoloxía da ESO

Acerca de pilar_mingote

Licenciada en Filología Románica,profesora de Lengua española y Literatura en ESO y Bachiller.
Esta entrada fue publicada en Ciencia y tecnología, Efeméride, Ventana bloguera, Xornal Pachamama y etiquetada . Guarda el enlace permanente.

Deja un comentario